Título del proyecto
Isótopos de Pb e Sr en cerámicas arqueológicas de Galicia: estudio de la procedencia y el acceso a las materias primas
Código
EM 2012/054. Plan Gallego: Investigadores Emergentes. 2012-2015.
Financiación
Ayudas a Proyectos de Investigación a Investigadores Emergentes del Plan Gallego de I+D+I, Consellería de Cultura, Educación e Orden. Xunta de Galicia.
Grupo de Investigación
Sincrisis. Departamento de Historia I. Universidad de Santiago de Compostela
Investigador Principal
M. Pilar Prieto Martínez
Participantes
M. Pilar Prieto Martínez
Oscar F. Lantes Suárez
Raquel Casal García
Jose Manuel García Costa
Erik Carlsson-Brandt Fontán
Colaboradores
Laboratorio de Patrimonio, Paleoambiente e Paisaxe y Departamento de Historia I (USC)
Unidade de Arqueometría (USC)
Dpto Edafoloxía e Química Agrícola. (USC)
Plataforma Tecnolóxica Sistema de Información Territorial (SIT), Lugo. USC.
CACTI. Universidade de Vigo
Resumen
Partindo do plantexamento de que a cerámica é un bon indicador dos cambios que se producen nunha sociedade, os obxectivos xerais da nosa investigación son contribuir ao coñecemento da alfarería antiga de Galicia en termos estilísticos, tecnolóxicos e da cadea operativa de fabricación e comprobar se hai variacións en función do período cronocultural, do contexto e da área de procedencia. En particular, neste proxecto queremos profundizar en aspectos relacionados coa procedencia das cerámicas e a súa mobilidade na escala local, comarcal e rexional.
Para acadar este obxectivo científico xeral vamos a traballar con dous niveis de información diferentes:
1º) Con información preexistente. O presente proxecto está concebido como unha continuación lóxica e necesaria de outros dous proxectos, un xa finalizado (Incite 2007-9) e outro en marcha que finaliza a finais do 2012 (Plan Nacional 2010-12), onde se realizaron análises en case 500 mostras de cerámica procedente de 35 xacementos arqueolóxicos (cunha cronoloxía dilatada que vai dende o Neolítico Medio ata a Época Moderna) e 100 mostras de sedimentos seleccionados nos entornos dos xacementos arqueolóxicos en función da variabilidade litolóxica (ver figura 1 adxunta no texto). A finalidade destos proxectos céntrase na resolución de problemáticas específicas en arqueomertía cerámica coma caracterizar a petrografía, definir o procesado da materia prima e a composición molecular dos restos de materia orgánica, as pautas de coloración da cerámica en relación coa cocción, as temperaturas de cocción e a tecnoloxía dos fornos (ver figura 2 adxunta no texto). Para elo, aplicouse un amplo grupo de técnicas de análise: DRX (mineraloxía), XRF (composición elemental), CNSH (carbono e nitróxeno), colorimetría de sólidos, análise petrográfico (lámina delgada), pirólise-GC-MS e SEM.
2º) Con información nova adquirida no proxecto que se solicita: análise de isótopos de Pb e Sr e análises espacial a través de ferramentas SIX.
2.1) Análise de isótopos de Pb e Sr. A base empírica utilizada será de 100 mostras cerámicas e 100 sedimentos que serán seleccionados dentro do conxunto xa caracterizado xeoquímica e mineralóxicamente en proxectos anteriores. Asimesmo mostrearanse en campo 20 de sedimentos que completarán os resultados. O obxectivo principal é establecer os rangos de variación isotópica de Pb e Sr en mostras de sedimentos e de cerámica, e con elo, establecer áreas de aprovisionamento para as cerámicas.
2.2) Análises espaciais a través de ferramentas SIX: Utilizaranse os datos analíticos preexistentes e novos sobre unha base cartográfica topográfica e xeolóxica dispoñible co obxecto de estudar espacialmente as relacións de proximidade entre xacementos e áreas fonte, modelizar o territorio en niveis crecentes de complexidade, e comezar a elaborar un mapa arqueométrico-isotópico.
Outro aspecto importante deste proxecto é conseguir difundir os resultados da investigación de diversas formas, por unha banda, como divulgación científica tradicional (publicacións, congresos, ciclos de conferencias, páxina web, etc.) e acesible á sociedade en xeral, e por outra banda, como transferencia de coñecemento a outras áreas científicas, xa que os resultados deste proxecto poden ser aproveitados noutras investigacións (paleoambiente, xeoquímica, ciencias ambientais, química agrícola, saúde ambiental, minería, ou incluso en paleodieta, paleometalurxia, etc.).
Cabe salientar que os nosos obxectivos entroncan coa necesidade de dar continuidade a unha liña innovadora e única na Arqueoloxía de Galicia, e os seus resultados servirán como modelo metodolóxico de referencia aplicable a outros contextos cerámicos e territorios.